.
Despedida de Ano Vello
e entrada de Aninovo,
os señores desta casa
as conten con moito gozo.
Catro mancebos xuntiños
aqui xuntiños estamos
e tan cansados os catro
que é preciso alimentarnos.
De moi lonxe xa viñemos,
noite que andar aínda falta
as forzas piden reparo,
mollo ás gorxas e non d'auga!
Chourizo e longaniza,
uña de porco, fuciño,
ou de xamón dúas tortillas
con dous xarriños de viño.
Abran a porta, señores,
que por honrados nos temos!
Sabe Deus se p'ra outro ano
á porta lles cantaremos...
De cantar xa nos cansamos,
por probes non nos desprezem
que se algo os ricos non dan
os probes mal se remexen!
E esta vai por despedida,
hoxe eiqui non canto outra.
Os señores desta casa,
hoxe un ano me oian outra!
E esta vai por despedida,
hoxe eiqui non canto outra.
Os señores desta casa,
hoxe un ano me oian outra!
1 comentário:
¿Catalunha? Será Galizia
Enviar um comentário